Home Programas Espazo Aberto A Mesa presenta un manifesto a prol dos dereitos de todas as linguas

A Mesa presenta un manifesto a prol dos dereitos de todas as linguas

0
A Mesa presenta un manifesto a prol dos dereitos de todas as linguas

A Mesa pola Normalización Lingüística ven de presentar un manifesto feito en conxunto coas demais linguas do país, tanto as oficiais coma as non recoñecidas. Con este manifesto preténdese conseguir que as linguas gocen dos mesmos dereitos e deberes que se lle recoñecen ao castelán.

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización, asegura que é imprescindible loitar pola igualdade e pola liberdade de escoller o idioma no que falar xa que se trata dun dereito humano.