‘Pacto de Irmãos. Os primórdios da língua escrita’, realizado por Rafael Janeiro a proposta da Associaçom Galega da Língua (Agal), coa colaboración das editoras Axóuxere e Através, da Deputación da Coruña, a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, a Universidade de Santiago e a cooperativa gráfica Sacauntos emitirase este xoves ás 21.30 horas en Nós Televisión.

Por que é importante este documental?

O ‘Pacto de Irmãos’ trataríase dun documento no que dúas familias nobres de orixe galega asinan un acordo de non agresión. Podería ser o texto máis antigo escrito en galego-portugués que coñezamos ata o de agora. Está datado entre 1173 e 1175 segundo o profesor da Universidade de Santiago José António Souto Cabo, asesor científico do projeto. A través destas pescudas, trázase unha reflexión sobre a lingua e a orixe da súa escrita así como sobre a súa amplitude e variedade vista dende o hoxe.

- Publicidade -