Home Programas Espazo Aberto Uxía despide mañá en São Paulo a súa xira por Brasil cun concerto con Chico César

Uxía despide mañá en São Paulo a súa xira por Brasil cun concerto con Chico César

0
Uxía despide mañá en São Paulo a súa xira por Brasil cun concerto con Chico César

A cantora Uxía rematará este xoves en São Paulo a xira por Brasil xunto o multiinstrumentista brasileiro e parceiro habitual, Sérgio Tannus, coa participación especial de Lui Coimbra. Este último concerto terá lugar na icónica Casa de Francisca, nun espectáculo no que tamén participarán outros artistas con moita ligazón con Galicia como Chico César, Ceumar ou Socorro Lira.

Uxía é cantora e embaixadora da música galega, especialmente nos países lusófonos debido ao seu labor como directora do festival Cantos na Maré. Ten publicados 13 discos, polos que recibiu importantes recoñecementos, en especial o Premio da Cultura Galega 2017. A súa relación coa música brasileira é longa: alén de ter realizado diversos concertos ao longo de seus mais de 30 anos de carreira, Uxía gravou no país, nos estúdios da Biscoito Fino, o disco Meu canto (2011), con dirección musical de Jamie Alem e a participación de Lenine. A cantora tamén colaborou con Paulinho Moska, Alceu Valença, ou Chico César, dentre outros.