Home Programas Área Compostela Os Centros Socioculturais de Compostela celebran o Día do Libro

Os Centros Socioculturais de Compostela celebran o Día do Libro

0
Os Centros Socioculturais de Compostela celebran o Día do Libro

A concelleira de Políticas sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou como delegada temporal de cultura o conxunto de actividades que se van a desenvolver para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril. Estas actividades desenvolveranse ao longo de toda a semana coa finalidade de darlle visibilidade ao traballo que se fai na rede para fomentar o hábito da lectura.

Entre as actividades, destaca tamén a de Foto de portada, que consiste en fotografar portadas de libros que teñan un rostro para encaixalos coas imaxes das persoas participantes. O calendario de actividades péchase cun encontro co autor Héctor Cajaraville no Centro Sociocultural de Vite o próximo día 21.

Cartel da actividade