O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, informou en rolda de prensa que o Concello conseguiu mudar o contrato de subministro de enerxía eléctrica para que a partir de agora esta sexa de orixe 100% renovable. O edil explicou que ningún goberno anterior aproveitara as posibilidades que se deron desde a liberalización do sector eléctrico que tivo lugar hai 20 anos.
Xan Duro explicou que o cambio tivo lugar logo de que pesara un 25% no prego a empresa que ofertara este tipo de enerxía beneficiosa para o medio ambiente.
Enerxía de orixe 100% renovable
O Concello muda o contrato de subministro de enerxía eléctrica e a partir de agora esta terá orixe 100% renovable https://t.co/HFh3E9X7Yq pic.twitter.com/FkPLEI3odk
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 abril 2017
“O custo do subministro para as arcas municipais verase rebaixado en máis de 600.000 euros”
Outra das características do novo subministro é a simplificación do contrato para os diferentes ámbitos de actuación no municipio.
O contrato foi adxudicado á mesma empresa nos tres lotes nos que foi sacado a concurso por un importe total de 2.636.037,52 euros