O secretario xeral de Política Lingüística presenta a nova páxina web de ARIGAL

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa a nova páxina web da Asociación Galega de Áridos, coñecida como ARIGAL. Esta entidade participa en accións do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico que impulsou a Xunta.

Pódese acceder á nova web nesta ligazón

O plan de dinamización da lingua galega, no que colaboran entidades como ARIGAL coas súas accións, ten como obxectivo incrementar o uso do galego na economía e na empresa. Para logralo, este plan recolle un total de 81 accións e medidas encamiñadas a favorecer a presenza do galego no ámbito económico e ampliar tamén os lazos comerciais das empresas galegas.

- Publicidade -