Home Programas Espazo Aberto O reitor da USC pide avaliar “con rigor” a intención de Abanca de crear unha universidade privada

O reitor da USC pide avaliar “con rigor” a intención de Abanca de crear unha universidade privada

0
O reitor da USC pide avaliar “con rigor” a intención de Abanca de crear unha universidade privada

Ante o proxecto de Abanca de crear unha universidade privada o reitor da USC, Antonio López, defende que “hai que avaliar con rigor os proxectos, analizar os recursos e asegurar que a oferta sexa de calidade e que mellore ou complemente o sistema”.

O reitor da USC tamén fala sobre a idea de facer unha selectividade única. Neste ámbito Antonio López chama á reflexión e ao análise do problema e di que hai dous puntos a destacar: “O 60% da nota é o bacharelato e iso é algo que xa marca unha diferenza porque os alumnos estudan en institutos diferentes. Tamén está o tema de corrixir, xa que os exames son corrixidos por diferentes persoas”.