O xuíz da Audiencia Nacional, Manuel García Castellón, decreta o ingreso en prisión provisional e sen fianza para as catro independentistas detidas a pasada fin de semana no marco da Operación Lusista. A primeira detención producíase en Vigo co arresto de A.G.M.  e A.L.C. que levaban en busca e captura dende o 2006 ó vincularlles o liderado de Resistencia Galega, declarada organización terrorista pola Audiencia Nacional. A Garda Civil identifica ós outros dos detidos como posibles “colaboradores”. Así e todo, os delitos aínda non lles foron concretados ás defensas.

Dende o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades Esculca lembran que se debe garantir o respecto pola presunción de inocencia. “Ten que haber un xuízo antes de que haxa unha condena firme“, di Elvira Souto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -