O comité Intercentros do Aeroporto Rosalía de Castro organiza un cortexo fúnebre e simbólico co que denunciar o peche da cantina de persoal, que conleva unha perda de poder adquisitivo para todo o cadro de persoal das terminais. O funeral sairá ás 10.30 horas dende a rotonda do Lorenzo, a anterior aos accesos do aeroporto, ata os mostradores de facturación, P1, do propio aeroporto onde se oficiará ás 12 horas do mediodía o funeral da cantina.
Inicio Área Compostela
O persoal do aeroporto de Santiago organiza un funeral en honra da cantina
O peche da cantina de persoal supón unha perda de poder adquisitivo de todas e todos os traballadores do aeroporto