A loita contra a proliferación do eucalipto no noso país está a por nervioso ao Ministerio de Medio Ambiente. O ano pasado varias corporacións municipais galegas aprobaron en sendos plenos a solicitude de grupos mediambientais para que se incluíra ao eucalipto no catálogo de especies exóticas invasoras.
O Ministerio, diante desta petición solicitou un informe a un comité científico de expertos que concluíu que o eucalipto debería formar parte dese catálogo. Malia esta circunstancia pediuse outro informe, desta vez favorable, realizado pola Subdirección de Política Forestal.
Estas irregularidaes fixeron que o Concello de Teo, un dos impulsores da proposta, presentara unha demanda diante do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. “Somos a conexión administrativa”, explica a concelleira de Promoción Económica e Mobilidade de Teo Conchi García, “en realidade a iniciativa partiu das organizacións ecoloxistas”.
A edil de Teo denuncia que todo o proceso “foi un calvario” e que por ese motivo decidiron presentar un recurso pola vía contenciosa.
As irregularidades do Ministerio
Nós televisión falou con avogado que leva a demanda, Pedro Trepat, un experto en temas medioambientais que non é a primeira vez que se enfronta ás altas institucións. Explícanos que “a tramitación foi irregular” posto que o Ministerio quería saber primeiro o resultado do informe de expertos “para contrarrestalo”.
O “desliz” dun responsable técnico de fomento
A importante repercusión que tería esta demanda se se gañara fixo que desde o propio Ministerio se “presione” directamente. O propio avogado atopou unha nota manuscrita do xefe do gabinete técnico do ministerio indicando: “contestar diciendo que manden información y que suspendemos (el máximo tiempo posible) el procedimiento”.

Outro tema importante é que a demanda solicita a inclusión de seis especies de eucaliptos no catálogo. Algunhas delas, como explica Trepat, adaptadas a grandes altitudes polas propias empresas madeireiras para poder implantarse en todo o territorio galego.