
Os estableccmentos de hostalería de Compostela poderán programar espectáculos de música en directo sen medo a recibir multas. O Pleno da Corporación municipal aprobou onte a modificación da Ordenanza municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibraciósn e condicións dos locais.
A modificación contou cos votos favorables de Compostela Aberta e BNG, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP. A nova normativa permitirá obter unha autorización complementaria para facer actividades con música en vivo. Os requisitos que se solicitarán a partir de agora teñen en conta o aillamento acústico, a presenza dun sonógrafo e a instalación dunha dobre porta onde se considere posible e necesario.
María Rozas, tenente de alcalde de Santiago, amosouse satisfeita por este paso sinalando que o municipio de Compostela é “pioneiro” neste tipo de propostas como “cidade dinámica”. O obxectivo desta modificación, para Rozas, é precisamente “solventar” este problema.