
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 notificou hoxe ao concello de Santiago que a empresa Doal S.A. ten dereitos sobre un proceso de selección da ORA e o Guindastre culminado en 2011, e no que posteriormente o acordo daquela mesa de contratación que fóra anulado xudicialmente.
Martiño Noriega “O Goberno actuou con toda seguridade xurídica”
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou aos medios de comunicación que convocaba para esta mesma semana a mesa de contratación que debe resolver a adxudicación do servizo da ORA e do guindastre, anulado por sentenza xudicial en novembro de 2015.
O auto xudicial frea o proceso de municipalización do servizo
A oposición sinala que era “previsible”
A oposición municipal tamén compareceu diante da prensa para dar unha primeira valoración sobre esta sentenza. PP, PSOE e BNG coincidiron en sinalar que a sentenza era previsible e criticaron o traballo nesta cuestión do goberno.
Rubén Cela: “Perdeuse unha oportunidade única porque se hai que adxudicarlle á empresa Doal o contrato, non vai municipalizar o servizo da ORA e do guindastre”
“O proceso continúa”
.@martinhonoriega “A tramitación da municipalización continúa”. Pendentes de saber se a adxudicataria está en condicións de asumir o servizo pic.twitter.com/jUY0Gyy7ou
— Nós Televisión (@NosTelevision) 30 de mayo de 2017