Hai máis polémica. O tapiado realizado na mañá de hoxe tralo proceso xudicial de desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer con contou co visto bo do Concello de Santiago que, a primeira hora da tarde, anunciou a apertura dun expediente disciplinario.
O Concello abre expediente disciplinario polo tapiado do local da Algalia desaloxado hoxe. Nin ten licenza nin se axusta ao plan especial
— Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) May 30, 2017
Ao longo da mañá xa foron múltiples as voces que alertaban de posibles irregularidades no proceso de tapiado do edificio, situado no Casco Histórico de Santiago, chegando, incluso, a seren cuestionados por parte do BNG local, os materiais empregados no proceso.