Home Programas Área Compostela Xan Duro reclama espazo para o diálogo: “Intervencións policiais como a desta mañá non son o máis acaído”

Xan Duro reclama espazo para o diálogo: “Intervencións policiais como a desta mañá non son o máis acaído”

0
Xan Duro reclama espazo para o diálogo: “Intervencións policiais como a desta mañá non son o máis acaído”

A Policía Nacional entrou a primeira hora da mañá de hoxe no centro social Escárnio e Maldizer, situado na compostelá Algalia de Arriba. No momento da intervención non había ninguén no interior e varios operarios procederon a tapiar os accesos. A través das redes sociais convocouse unha protesta pacífica no lugar que foi reprimida duramente por elementos antidisturbios. O concelleiro Xan Duro, preguntado en rolda de prensa, asegurou que non tiña constancia de ningún problema de convivencia e rexeitou a actuación policial.

Tapiada. Así ficou o emblemático edificio

“Non foi comunicado”

O alcalde de Santiago Martiño Noriega tamén sinalou en entrevista na cadena Ser que “a actuación desmedida da Policía Nacional desta mañá non fora comunicada“. Nos incidentes houbo varios contusionados e dúas persoas detidas que quedaron en liberdade horas despois denunciadas por “disturbios”.