Home Programas Área Compostela O Concello asumirá a xestión da ORA e o guindastre o 15 de xuño

O Concello asumirá a xestión da ORA e o guindastre o 15 de xuño

0
O Concello asumirá a xestión da ORA e o guindastre o 15 de xuño

O Concello de Santiago segue adiante no proceso de municipalización da ORA e o guindastre. O vindeiro 15 de xuño, logo da liquidación do contrato con Setex Aparki, a empresa municipal Tussa comezará xestionar ámbolos dous servizos, mantendo en plantilla ás e os traballadores da antiga concesionaria. O concelleiro Xan Duro pide “comprensión” á cidadanía durante a etapa “de transición” que se inicia nestas datas.

Nova aplicación móbil

Unha das grandes novidades deste proceso é a creación dunha nova aplicación para efectuar o pagamento da “zona azul” dende o móbil. A diferenza da ‘app’ anterior, esta permite pagar unicamente polo tempo exacto de estancia na praza de aparcamento empregada.

A devandita aplicación poderase descargar a vindeira semana para teléfonos Android e Apple, e activarase o día 15 de xuño. Por outra banda, a partir de setembro, o Concello traballará en “novos retos” para mellorar o servizo cara a un modelo de mobilidade “máis sostíbel” que favoreza á veciñanza.