Home Programas Área Compostela O BNG acusa a Noriega de xestionar a municipalización da ORA “dende o escurantismo”

O BNG acusa a Noriega de xestionar a municipalización da ORA “dende o escurantismo”

0
O BNG acusa a Noriega de xestionar a municipalización da ORA “dende o escurantismo”

O proceso de municipalización da ORA e o guindastre non está a resultar doado para o Goberno local. O grupo do BNG considera que Compostela Aberta está a xestionar o proceso dende o “escurantismo” e a “falta de lealdade”. Así e todo, o seu voceiro, Rubén Cela, lamenta terse enterado dos avances no proceso “a través dos medios de comunicación”.

A titularidade dos parquímetros, na liza

Outra das cuestións que salientou Cela foi a liquidación do contrato entre o Concello e a empresa Setex Aparki. Dende a formación nacionalista apuntan que o alcalde “dá por feito” que os parquímetros son propiedade municipal, mais a concesionaria podería reclamar unha “compensación económica” a cambio. Con todo, o Goberno desminte tal acusación.

O concelleiro Xan Duro recoñeceu terse atopado certas dificultades durante este proceso, mais considera que “todo é negociábel” e, polo tanto, confía en resolver os posíbeis conflitos con Setex Aparki.