O vindeiro 4 de xuño, Compostela converterase na capital do cinema etnográfico. O Museo do Pobo Galego celebra a 13ª edición da MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Nesta nova edición, un dos principais obxectivos é outorgar as “vivenzas locais” unha “proxección internacional”, así como unha forte aposta polas mulleres autoras e a igualdade.
Do 4 ao 10 de xuño
Durante os días 4 e 10 de xuño, proxectarase máis dunha vintena de filmes, dos cales doce participarán no concurso organizado por este certame. Neste apartado, poderanse apreciar obras de autoras e autores de todo o mundo que veñen de participar en festivais de prestixio internacional.
O grande escenario desta mostra, o Museo do Pobo, quere amosar a súa vocación como institución defensora de Galicia como “contedor de vida” e “xerador de futuro”.
Unha das características deste festival cinematográfico é a súa gratuidade. Para asistir a calquera das proxeccións, que terán lugar en diferentes espazos culturais da cidade, haberá que obter previamente unha entrada de balde nas billeteiras das entidades colaboradoras.