Home Programas Área Compostela O campo de fútbol de Santa Isabel vivirá unha ambiciosa reforma integral

O campo de fútbol de Santa Isabel vivirá unha ambiciosa reforma integral

0
O campo de fútbol de Santa Isabel vivirá unha ambiciosa reforma integral
SONY DSC

O campo de fútbol de Santa Isabel, que noutrora fora sede da SD Compostela, afronta un dos proxectos máis ambiciosos de mellora das instalacións dende a súa inauguración no ano 1962. O Concello investirá preto de 600.000 euros nunha actuación que se executará en dúas fases. A primeira centrarase na accesibilidade e a bancada: anovaranse os accesos, ampliarase o ancho do espazo entre bancadas para mellorar a circulación e mudaranse os asentos máis deteriorados.

Trátase dun esforzo importante

“O antes posible”

Esta fase inicial contará cun orzamento de 120.000 euros, e o Concello coida aprobar o proceso de licitación “o antes posible” para poder comezar as obras nas vindeiras semanas. A seguinte intervención no estadio, que contará cun investimento superior ó medio millón de euros, consistirá no anovamento do céspede artificial, para o cal se mudará o deseño do campo co obxectivo de mellorar a evacuación das augas.

https://nostelevision.gal/concello-inviste-medio-millon-de-euros-renovar-cespede-campo-de-santa-isabel/

Outra das grandes novidades será a creación dunha zona de adestramento de 1.200 metros cadrados dotada coas mesmas instalacións que o campo de fútbol. Por outra banda, mellorarase a saída ó campo dende o túnel de vestiarios e instalaranse, nos laterais da bancada, proteccións para o vento e a choiva.