Home Programas Espazo Aberto O Concello de Ames fomenta o comercio local este Nadal cun amplio programa organizado por asociacións de comerciantes

O Concello de Ames fomenta o comercio local este Nadal cun amplio programa organizado por asociacións de comerciantes

0
O Concello de Ames fomenta o comercio local este Nadal cun amplio programa organizado por asociacións de comerciantes

A cidadanía de Ames contará este Nadal cun amplio programa de festas que contará con actuacións musicais polas rúas e prazas da localidade, unha pista de xeo instalada en Bertamiráns e no Milladoiro e, como prato estrela, un mercado de Nadal deseñado polas asociacións de comerciantes amesás.

O Concello fomenta unha liña de subvencións ca que financiará, cunha partida de arredor de 70.000 euros, o 80% do custo da devandita programación. O obxectivo e pór en valor o comercio artesán de Ames e darlle impulso á actividade comercial da zona. O mercado de Nadal permanecerá aberto os días 21, 22 e 23 de decembro na praza de Correos do Milladoiro e entre o 28 e o 30 na praza do Concello en Bertamiráns, cun horario de 16.30 a 20 horas.

Así e todo, o grupo Tíralle ao aire amenizará as tardes de decembro con numerosas actuacións polas diferentes rúas e prazas do concello. A pista de xeo, pola súa banda, situarase no parque do Ameneiral de Bertamiráns a última semana de decembro e, até o 6 de xaneiro, no aparcadoiro do Supercor do Milladoiro. A entrada terá un prezo xeral de 5 euros que incluirá descontos nos comercios do mercado de Nadal.

XII edición do Concurso de Escaparates

Outra dos aspectos salientábeis deste programa de Nadal é a celebración, por duodécimo ano consecutivo, do tradicional Concurso de Escaparates, que premiará a orixinalidade dos comercios participantes cunha dotación de 1.000 euros para o mellor valorado, 700 para o segundo e 400 para o terceiro. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 11 de decembro.