Home Programas Espazo Aberto O alcalde de O Pino continúa amparando a polémica mina

O alcalde de O Pino continúa amparando a polémica mina

0
O alcalde de O Pino continúa amparando a polémica mina

Mentres continúan os duros varapalos contra o megaproxecto mineiro, o Concello de O Pino continúa insistindo no seu apoio á mina. Hoxe mesmo, o Pleno do Concello de O Pino debateu unha moción contra a instalación do polémico proxecto mineiro e que contou co apoio do BNG e do PSOE local e co rexeitamento dun PP que conta coa maioría absoluta no Concello.

Desde a Plataforma piden, ademais, que se declare como negativo o estudo de impacto ambiental pendente. “Xa é hora de que se lle dea carpetazo a este proxecto e se declare xa o estudo como negativo” declararon esta mañá desde a plataforma así como lembraron a dubidosa viabilidade do proxecto presentado pola multinacional Atalaya Mining

Desinterese e descoñecemento por parte do Alcalde do Pino

As veciñas e veciños afectados denunciaron hoxe que o Alcalde de O Pino “exhibe unha falta de coñecemento sobre o proxecto no papel e sobre os informes que xa emitiron os técnicos da Xunta de Galicia” e que supoñen un duro varapalo contra o proxecto mineiro. Vilar Chento, recriminoulle ao alcalde Manuel Taboada que “a estas alturas” non coñecese ningún dos informes sectoriais. A curiosa resposta do alcalde foi un “non estamos personados no asunto”, mentres contestaba con xestos de desinterese á longa enumeración das eivas do proxecto que fixo o socialista.

Coacción e mentiras de Explotaciones Gallegas aos traballadores

O pleno estivo ateigado de veciñas e veciños contrarios á mina, e ante a falta da “maioría silenciosa” acuñada por Cobre San Rafael, acudiron algúns das traballadoras e traballadores das empresas que a día de hoxe operan nos terreos da mina. O concelleiro socialista aproveitou a ocasión para falar da posible coacción e mentiras ás que están sometidas estas traballadoras por parte da compañía Explotaciones Gallegas. Tal e como publicou esta Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON, nun documento entregado aos traballadores, a empresa sinalaba que, de declararse a caducidade da concesión mineira, todos quedarían sen traballo.