O vindeiro 29 de xuño chega a Compostela a primeira peza teatral de Valle-Inclán traducida ao galego, “A Cabeza do Dragón”. A compañía Producións Excéntricas, dirixida por Quico Cadaval, expón unha obra “atemporal” que amosa temáticas vixentes hogano como a “estupidez da monarquía”.
A obra contará con música en directo
A principal característica desta obra é a volta ás orixes do teatro, xa que a música será en directo e non gravada. O Taller Atlántico Contemporáneo —TAC— será o encargado do apartado musical. O compostelán Javier María López compuxo a partitura inédita que soará durante o espectáculo.
Entradas
A cita será ás 20.30 horas na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, e as entradas terán un custo de 12 euros cos descontos habituais. Preguntado acerca de se deben asistir as crianzas, o director e adaptador da obra, Quico Cadaval, bromea afirmando que os nenos e nenas son imprescindíbeis para explicar a obra ás persoas adultas.
Arquivo: Estréase no Teatro Principal a primeira obra de Valle-Inclán en galego