O goberno municipal de Ferrol levará as facturas que se adeudan a Urbaser, a empresa que xestiona a recollida do lixo na cidade, ao vindeiro Pleno municipal que terá lugar este xoves. Jorge Suárez apelou en rolda de prensa á “responsabilidade” dos grupos da oposición, en relación á actitude do PP, para solucionar un problema que podería derivar en conflito laboral.
Suárez apela á “responsabilidade” da oposición no conflito con Urbaser
O alcalde asegurou diante dos medios de comunicación que ten un contacto fluido co comité de empresa. “Tentar evitar a conflitividade”, sinalou. Por este motivo o seu executivo quere pagar esas facturas e unha maneira é que sexa o propio Pleno quen dea o visto bo.
Ata agora o PP obstaculizou co seu voto o pago desta débeda que, segundo o alcalde, vén desde novembro ata este mesmo mes.
Na rolda de prensa tamén informou que están a valorar outro modelo para este servizo na cidade de Ferrol.