Home Programas Área Compostela Noriega sobre a volta de Bugallo á política local: “Síntome halagado”

Noriega sobre a volta de Bugallo á política local: “Síntome halagado”

0
Noriega sobre a volta de Bugallo á política local: “Síntome halagado”
SONY DSC

A volta á política local de Xosé Sánchez Bugallo non colleu por sorpresa ao actual alcalde da cidade. Na mañá de hoxe, Noriega quixo valorar a recente confirmación do ex-alcalde socialista de que optará á alcaldía nas eleccións de maio de 2019.

Noriega, por agora, di non querer entrar en “debates pre-electorais” e resaltou que o grupo de goberno está centrado en rematar cos compromidos adquiridos coa veciñanza.  Internamente, Compostela Aberta encara agora un proceso con boas expectativas de cara o vindeiro ano electoral e, tal e como teñen manifestado ao longo dos últimos meses, inciden na idea de que o seu espazo está “consolidado” e que chegaron a cidade “para quedarse”.

Porén, no seu ton habitual, Noriega bromea que o o grupo socialista fai un “esforzo” por facer unha candidatura “deste perfil” no canto de telo feito na anterior convocatoria electoral cando o concello de Santiago estaba sumido no caos provocado polos casos de corrupción institucional. “Semella que o obxectivo é desmbancar a Compostela Aberta” quixo resaltar o propio alcalde na mañá de hoxe.