As actuais directrices da UE designan a Economía Circular como o novo modelo que deben seguir os seus países membros nun futuro inmediato. É un concepto económico que conta coa sostenibilidadee basease en que o valor dos produtos, recursos e materiais teñan unha estabilidade e permanezano maior tempo posible, co conseguinte aforro e potencial xerador de postos de traballo.
O Mestrado de Desenvolvemento Económico e Innovación da USC organiza esta semana unhas xornadas nas que persoal experto afonda nas implicacións da economía circular para o territorio e as cadeas de valor.
Un novo paradigma?
Xavier Vence, Catedrático de Economía e coordinador das xornadas, explica que o obxectivo destas xornadas é “reflexionar, debatir sobre este novo modelo da economía produtiva, hai que redefinir o modelo produtivo e de consumo”.
Segundo Vence estamos nun “novo paradigma que obriga a repensar a industria e o modelo de cidade, de transporte, de consumo”.
Aforro coa Economía Circular
Segundo datos da UE con este modelo económico a cifra potencial de aforro podería chegar aos seiscientos mil millones de euros. Traspasado ao noso país a cantidade sería de 2.000 millóns de euros aproximadamente.
Para a implantación da Economía Circular os países deberían modificar a súa lexislación e facer un seguimento da mesma. Xavier Vence explica que a súa implantación levaríanos a modificar tamén os hábitos e ter disponibilidade de contar con produtos que teñan unha longa vida.
As xornadas que se celebran na Facultade de Económicas están estruturadas en tres bloques dedicados á economía circular en Europa, á súa implicación para o territorio e ás cadeas globais de valor e cadeas curtas.