Home Espazo Aberto Cultura MJ Pérez, Flow do Toxo e Blanca e Tinta, entre as gañadoras dos III Premios Youtubeir@s

MJ Pérez, Flow do Toxo e Blanca e Tinta, entre as gañadoras dos III Premios Youtubeir@s

0
MJ Pérez, Flow do Toxo e Blanca e Tinta, entre as gañadoras dos III Premios Youtubeir@s

Xacobo de Toro, Aquel-e, Aaron Vilariño, MJ Pérez, Blanca e Tinta, Siradella Films, A Rabela e Flow de Toxo son as gañadoras dos III Premios Youtubeir@s. A entrega de premios tivo lugar no Teatro Principal de Compostela nunha gala animada por Patricia de Lorenzo, o DJ Manu TF e a graffiteira Iria Fafián. Nesta terceira edición concorreron 252 vídeos e canles participantes.

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña