Marcos Maceira sobre un novo Pacto polo Galego: “É posible reverter a situación da lingua, o que falta é vontade”

O voceiro da Plataforma cidadá Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística valora ante as cámaras de Nós Televisión a posibilidade dun novo pacto pola lingua que actualice o Plan Xeral de Normalización Lingüística con motivo do seu vinte aniversario, que se producirá o vindeiro 21 de setembro.

Marcos Maceira, no Día das Letras Galegas, aproveitaba o seu discurso ante a mobilización convocada por Queremos Galego en defensa da lingua para pedir publicamente unha reunión co novo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, un encontro que tamén solicitaron pola vía formal. Preguntámoslle por estas relacións co Goberno, a súa visión sobre as posibilidades de acordos e os asuntos que considera fundamentais en materia lingüística.

COÑECER ➕SOBRE ESTE DEBATE POLO GALEGO:

A intención de actualizar o PXNL por parte da Administración foi anunciada en sede parlamentaria polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López. Este anuncio recibíuse con escepticismo polo PSdeG e o BNG ao considerar que o Goberno do PP nestes 20 anos non desenvolveu ese mesmo PXNL.

Arredor deste debate, Nós Televisión tamén  entrevistou ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López e ao presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego