Antonio López sobre un novo Pacto polo Galego: “O uso do galego está fallando nos espazos máis ordinarios da vida”

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, valora ante as cámaras de Nós Televisión a situación da lingua galega no ensino universitario e como lle pode influír unha posible actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística que o vindeiro 21 de setembro cumprirá vinte anos.

COÑECER ➕SOBRE ESTE DEBATE POLO GALEGO:

A intención de actualizar o PXNL por parte da Administración xa fora anunciada con anterioridade en sede parlamentaria polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López. Este anuncio foi recibido con escepticismo polo PSdeG e o BNG ao considerar que o Goberno do PP nestes 20 anos non desenvolveu ese mesmo PXNL.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, sumábase a este debate pedindo a derrogación do decreto do plurilingüismo dentro do seu discurso polo Día das Letras. Tamén Queremos Galego, a través do seu voceiro Marcos Maceira, se pronunciou ao respecto esixindo á Xunta o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística ao diagnosticar unha “situación de emerxencia” na nosa lingua.

Interésache este debate? Deixa en comentarios a túa valoración e que persoa consideras relevante nesta busca de consensos arredor da lingua galega!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego