As forzas políticas poderían chegar a un novo #PactopoloGalego e como afectaría isto á nosa situación sociolingüística? Conversamos co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, arredor dun posible novo pacto polo galego, o decreto do plurilingüismo ou cara a onde debe virarse o timón das políticas lingüísticas.
Nos vindeiros días ofrecerémosvos ➕ voces para potenciar un espazo de reflexión e de debate arredor da nosa lingua.
#Falamos sobre un novo #PactopoloGalego na nosa canle de youtube e en nostelevision.gal
COÑECER ➕SOBRE ESTE DEBATE POLO GALEGO:
A intención de actualizar o PXNL por parte da Administración xa fora anunciada con anterioridade en sede parlamentaria polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López. Este anuncio foi recibido con escepticismo polo PSdeG e o BNG ao considerar que o Goberno do PP nestes 20 anos non desenvolveu ese mesmo PXNL.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, sumábase a este debate pedindo a derrogación do decreto do plurilingüismo dentro do seu discurso polo Día das Letras. Tamén Queremos Galego, a través do seu voceiro Marcos Maceira, se pronunciou ao respecto esixindo á Xunta o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística ao diagnosticar unha “situación de emerxencia” na nosa lingua.