A música “da casa” toma forza este verán. Un ano máis, o festival ‘Feito a Man’ encherá de son as rúas e prazas do centro histórico de Compostela, entre os días 1 e 26 de agosto. Desta volta participarán no evento 57 bandas e artistas que ofrecerán preto de setenta espectáculos de música ao vivo.
Haberá bandas locais e internacionais, que tocarán dende blues e jazz até rock, hip-hop e música tradicional galega. Porén, tódolos concertos terán como máxima “loitar polas ideas de cidade” que persegue a Asociación Cultural Cidade Vella.
O cartaz deste ano fai alusión á reapertura ao público do Pórtico da Gloria, xa que o protagonizan dous músicos esculpidos polo Mestre Mateo.
Queremos que a xente saiba que o de trobar vén de lonxe
Este ano poderase escoitar a bandas coma Som do Galpóm, The Show Bass, Nastasia Zürcher, Habelas Hainas ou The Fabulous Resaca Brothers.
O ‘Feito a Man’ conta cunha aplicación para móbiles gratuíta no que se poden consultar as diferentes actuacións que se celebrarán na capital galega este mes.