Home Programas Espazo Aberto Emilio Cao: “A sentenza evidencia que todo foi unha montaxe policial”

Emilio Cao: “A sentenza evidencia que todo foi unha montaxe policial”

0
Emilio Cao: “A sentenza evidencia que todo foi unha montaxe policial”

Finalmente, Emilio Cao non entrará no cárcere. O activista do Carballiño fora xulgado o pasado mes por un delito de “atentado contra autoridade” polo que a Fiscalía pedía para el case seis anos de prisión. A condena definitiva consiste nunha multa de 200 euros e tres meses de cadea, polo que non chegará a ser encarcerado.

Con todo, Cao matiza que, malia a ledicia de evitar a prisión, esta non é unha condena intranscendente. “Foron catro anos de incerteza que afectaron á miña vida persoal e académica”, apunta.

Buscan unha docilidade que non imos acatar

O militante de Xeira, a organización xuvenil vinculada á FPG, considera que esta sentenza evidencia a “montaxe policial” sobre a que se tería sustentado o seu caso. Asemade, o activista cre que o sistema xudicial tenta “criminalizar” mobilizacións como a das Marchas da Dignidade, así como conseguir unha “docilidade” que, asegura, non vai acatar.

Na súa intervención ante a prensa na libraría Couceiro, Emilio Cao quixo agradecer o apoio de En Marea, dos alcaldes de Pontevedra, Compostela, A Coruña, Ferrol ou O Carballiño, e doutras formacións políticas. Tamén lembrou a “exitosa campaña” da plataforma a prol da súa libre absolución, malia que esta fin non se tivese materializado.