Noriega proporá esta semana a Medio Ambiente a súa alternativa para a depuradora

O alcalde de Santiago reunirase o venres en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente, co obxectivo de que o Goberno central aprobe o proxecto da Silvouta

SONY DSC

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantense firme coa súa proposta para a nova EDAR da cidade e segue a procurar apoios. Este venres reunirase en Madrid, acompañado do edil Xan Duro, co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para tratar de desbloquear a alternativa de Compostela Aberta de ampliar as instalacións actuais da pranta da Silvouta.

Queremos reorientar o proceso e xerar un punto de inflexión

“Queremos reorientar o proceso e ver se somos capaces de xerar un punto de inflexión”, apuntou esta mañá Noriega, nunha recepción no Pazo de Raxoi a Javier Losada, o novo delegado do Goberno en Galicia. Losada incidiu na importancia de “colocar por riba de todo a colaboración e ir da man nun proxecto polo que aposta a maioría da Corporación”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -