Luca Chao sobre a dirección de En Marea: “É unha especie de Partido Nacional Moderado, un Compromiso 2.0”

A deputada de En Marea confirma a Nós Televisión que existen conversas para crear unha candidatura que se enfronte a Villares

A deputada e membro de Podemos reflexiona diante das cámaras de Nós Televisión sobre a situación de En Marea logo do Plenario. Segundo explica, dese encontro a tese da unidade popular saiu reforzada e quedaron evidentes “dous proxectos claros ben diferenciados”.

A deputada é moi crítica coa actual dirección de En Marea á que acusa de “estar instalada nunha especie de Partido Nacional Moderado, un Compromiso 2.0” polo que de cara o futuro desta formación “hai que elixir entre iso ou ampliar o espazo de unidade popular”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Non podemos pedir permiso por ser de Podemos

Luca Chao aconsella a Villares que presente a súa propia candidatura se así o considera. En relación á que se está preparando explica que “aínda é moi cedo para falar de candidatos ou candidatas” para a lista alternativa a Villares. En relación co papel de Podemos sinala que “terá máis peso” que agora. “Non podemos estar sempre pedindo permiso por ser de Esquerda Unida, de Podemos ou das mareas municipais”.

A Deputada de En Marea finalizou a súa reflexión afirmando que é partidaria das listas abertas como tamén fai Podemos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -