Lourdes Díaz: “As mulleres con discapacidade padecemos discriminación por partida dobre”

A concellería de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde presenta a exposición de pintura de María Maquieira

As dificultades que o seu ollo dereito lle supuxeron para o desenvolvemento do seu traballo como artista, non impediron a María Maquieira que hoxe presentase, na casa do Concello, a súa exposición “Apopá”, que poderemos ver do un ao vinte e seis de marzo na Fundación Eugenio Granell. A mostra está conformada por series a modo de diario nas que a artista fai un repaso polo seu pasado ata chegar ao presente.

Rolda de prensa desta mesma mañá

“As dificultades non anulan as capacidades artísticas”

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, fixo fincapé na idea de que “pódense conseguir metas” xa que, en palabras súas, “as dificultades non anulan as capacidades artísticas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na rolda de prensa estivo tamén presente a presidenta de Tiresias Galicia, Lourdes Díaz, que puxo o foco na discriminación que sofren as mulleres e que, se estas contan cunha discapacidade, vese notablemente incrementada.

A artista María Maquieira bota unha mirada atrás. Lembra as vivencias de cando estaba en Roma. Ata a actualidade, que habita en Grecia. Na tarde de hoxe, de inauguración, haberá unha mesa redonda que terá como tema de debate “Mulleres con diversidade funcional: desigualdades de xénero”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -