Home Programas Área Compostela O premio de álbums ilustrados difunde Compostela polo mundo

O premio de álbums ilustrados difunde Compostela polo mundo

0

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá, en rolda de prensa, a décima edición do Premio Internacional “Compostela” para álbums ilustrados. Ao seu carón estivo o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros. Trátase dun dos concursos de maior dotación económica, sendo 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. A iniciativa non só destaca pola proxección, senón tamén polos valores educativos que transmite, tales como a igualdade ou a interculturalidade.

Expectación internacional

O director de Kalandraka indicou que existe un gran traballo por parte do xurado, mais explicou que un dos puntos máis salientables é a expectación que esperta este premio xa non só no País, senón a nivel internacional.

En palabras de Xosé Ballesteros, desde a editorial aspírase a que o premio teña “un gran seguimento” e poida posicionarse non só nas bibliotecas públicas, senón tamén nas das “grandes familias”.