Home Programas Área Compostela “Té con Kant” e o imperativo categórico chegan ao Paraninfo de Historia da Universidade

“Té con Kant” e o imperativo categórico chegan ao Paraninfo de Historia da Universidade

0
“Té con Kant” e o imperativo categórico chegan ao Paraninfo de Historia da Universidade

O Salón Amarelo do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá unha breve representación teatral de “Té con Kant”. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo, Marta Lois, estivo acompañada dunha das actrices da obra, Marta Pérez, de Inversa Teatro. Esta iniciativa englóbase dentro do marco das actividades con motivo do día 8 de marzo. A muller e a súa presenza séculos atrás son dúas das temáticas da peza.

Na mesma liña, Marta Lois salientou o “agrado” por contar cunha obra da calidade artística de Té con Kant. Esta, fainos reflexionar sobre as desigualdades de xénero presentes na época pero consegue, ao mesmo tempo, trasladarnos do pasado ao presente e ver que quizais, moitas delas aínda seguen latentes.

Ámbalas protagonistas da obra, dúas amigas de Kant da época, loitan por ter acceso a un feito que a propia historia rouboulles: o acceso ao saber. Na obra, ademais, poderase observar un dos debates máis salientables do século: o empirismo enfrontado ao racionalismo.