Home Programas Espazo Aberto Laura LaMontagne: “A nosa música é unha viaxe por diferentes idiomas, países e épocas”

Laura LaMontagne: “A nosa música é unha viaxe por diferentes idiomas, países e épocas”

0
Laura LaMontagne: “A nosa música é unha viaxe por diferentes idiomas, países e épocas”

Laura LaMontagne e Picoamperio son dous artistas marcados pola música dende pequenos. Decidiron unir os seus estilos para crear un proxecto diferente a todo o que existe ata o momento. A voz de Laura está acompañada pola música que crea Picoamperio na mesa de mezclas. Así, grazas a eles podemos oír poesía e cantigas medievais combinadas con música electrónica, xa que como din eles, este proxecto “une o antigo co contemporáneo”.

Laura e Picoamperio agardan que o seu proxecto medre co tempo. De momento teñen algún concerto programado para finais de agosto en terras galegas e tamén actuarán proximamente en Barcelona, pero o que máis desexan a longo prazo é ter a oportunidade de grabar un CD.