#UniversoGalaxia

Unha historia da música en Galicia. 1952-2018
U

Fernando Fernández Rego

Estamos ante unha intensa viaxe que comeza con aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles.

Continúa coas formacións que viñeron despois co pop, rock, beat, yé-yé, progresivo, jazz rock, folk, garage, blues, surf, a canción de autor, a movida dos anos 80, que arranca en Vigo… O autor manexa centos de horas de entrevistas que dan voz aqueles pioneiros que construíron as partituras felices da música galega. Máis de mil imaxes de discos, grupos, festivais… fan deste libro unha cumprida enciclopedia sobre a música de nós onde está todo, absolutamente todo. Ata os bises…

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.