Home Programas Espazo Aberto A Sociedade Galega de Historia Natural solicita á Xunta a veda da caza da rula común na Limia

A Sociedade Galega de Historia Natural solicita á Xunta a veda da caza da rula común na Limia

0
A Sociedade Galega de Historia Natural solicita á Xunta a veda da caza da rula común na Limia

As principais poboacións da rula común atópanse en España. Dende o 2002 ata este 2019 a existencia desta especie na Limia descendeu entre un 35 e 40%, considerándose así unha ave en declive. É por isto que diversas entidades naturalistas galegas alertan á UE da situación e incluso denuncian ante a fiscalía, coma é o caso de Ecoloxistas en Acción.

Hoxe mesmo a Sociedade Galega de Historia Natural acaba de reiterar por escrito á Xunta a solicitude para que se pare a caza da rula común na zona da Limia.