Home Programas Espazo Aberto Lara Méndez: “Vexo o Lugo do futuro como unha cidade sostible que crece de maneira respetuosa”

Lara Méndez: “Vexo o Lugo do futuro como unha cidade sostible que crece de maneira respetuosa”

0
Lara Méndez: “Vexo o Lugo do futuro como unha cidade sostible que crece de maneira respetuosa”

Os alcaldes de Pontevedra, Ferrol, Compostela e Lugo participaron o venres 27 nunha mesa redonda sobre “transición enerxética” organizada pola Fundación Energías Renovables. Nun debate ao redor do papel dos concellos no marco de emerxencia climática, falouse continuamente das “cidades do futuro”. Para Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, o  Lugo do futuro terá “a capacidade de crecer de maneira respetuosa.”

Unha das chaves desa idea de cidade e do Plan Biodinámico é o barrio multi-ecolóxico. Este proxecto local enmárcase no programa LIFE da Unión Europea, que ten como obxectivo “aportar solucións e melloras de cara á consecución de obxectivos medioambientais e climáticos”. Un dos símbolos é o edificio Impulso Verde, que será o primeiro edificio público de Galicia de madeira autóctona.

O barrio multi-ecolóxico contempla a creación de 1.200 vivendas (o 45% públicas) e espazos verdes, como parques e horas, que contribúen á loita contra o cambio climático. Lara Méndez salientou a necesidade de que todas as administracións traballen na mesma liña e de trasladar experiencias doutras cidades a Lugo, e viceversa, co obxectivo de que o modelo de cidade de Lugo sexa referencia de sustentabilidade.