Home Espazo Aberto Cultura Renace en Arzúa a Asociación Ánxel Casal propoñendo as Letras Galegas 2021 para o fundador da Editorial Nós

Renace en Arzúa a Asociación Ánxel Casal propoñendo as Letras Galegas 2021 para o fundador da Editorial Nós

0
Renace en Arzúa a Asociación Ánxel Casal propoñendo as Letras Galegas 2021 para o fundador da Editorial Nós

A Asociación Cultural Ánxel Casal acordou esta pasada fin de semana consolidar a refundar o colectivo coa perspectiva posta no 125 aniversario do nacemento Casal no vindeiro ano 2020. Nesta xuntanza, tamén decidiron relanzar as súas actividades sociais e culturais e darlle un novo pulo á asociación.

A nova xunta directiva estará conformada polo presidente, Celso Alberte Magariños Costas, o vicepresidente, Jorge Gómez Vázquez, a tesoureira, Lidya Castro Gabete, o secretario, Denís Bermúdez Delgado, e as vogais Iria Carreira Pazos, Paula Rodríguez Parrado, Aldara Gómez Sánchez e Moisés Suárez Abel.

Letras Galegas 2021 para Ánxel Casal

Entre as cuestións tratadas, a asemblea da Asociación Ánxel Casal acordou levar adiante a realización da proposta de adicarlle as Letras Galegas 2021 a Ánxel Casal, sendo que no 2020 se cumpre o 125 aniversario do seu nacemento. Así, a Asociación porá en marcha unha intensa campaña baixo o lema Ánxel Casal, 125 anos con nós. Unha campaña que pretende ser o motor dun traballo inclusivo para incorporar o maior número posíbel de entidades sociais e culturais do país para a difusión e promoción da figura de Ánxel Casal por toda Galiza, coa fin de acadar o recoñecemento á súa figura para as Letras Galegas 2021.