O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá a sede da Fundación Andrea, na Barcia, para manter unha xuntanza de traballo coa presidenta da entidade, Charo Barca. Ao remate da reunión Martiño Noriega agradeceu o traballo que está a realizar esta institución
A presidenta da Fundación, Charo Barca, agradeceu o apoio e lembrou o importante traballo que realizan na nosa cidade.
Concha Fernández, lembrou que o concello participa neste proxecto mediante a cesión dunha vivenda
A Fundación Andrea conta con tres “casiñas” nas que pais e nais poden pasar tempadas mentras o seu fillo ou filla está ingresado no Hospital Clínico de Santiago. Neste ano 2016 pasaron por elas 250 familias e ademais a entidade entregou 50 bolsas para distintas terapias e 200 bolsas de manutención.