
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, iniciou a súa intervención hoxe no pleno dos orzamentos amosando o apoio e a solidariedade da súa formación coas persoas que padeceron estes días os cortes de luz e as consecuencias do mal tempo.
Nunha dura intervención criticou ao goberno galego e esixiu actuacións inmediatas
O temporal entra no Parlamento galego https://t.co/Ju9ZKytPnN @anaponton denunciou a “pasividade” na xestión do temporal por parte da Xunta pic.twitter.com/hKJZMQVTEp
— Nós Televisión (@NosTelevision) 06 febreiro 2017
Pontón tamén pediu a comparecencia do presidente ou do vicepresidente da Xunta para explicar mañá mesmo en Pleno como se fixo a xestión deste temporal e a atención prestada á cidadanía.