Home Programas Área Compostela As Marías chegan ao teatro con “Voaxa e Carmín”

As Marías chegan ao teatro con “Voaxa e Carmín”

0

ButacaZero e Eme2 traen a obra “Voaxa e Carmín” a Compostela dentro da programación teatral da Concellaría de Acción Cultural.

https://www.youtube.com/watch?v=nSm_1r5Tobs&feature=youtu.be

Unha obra necesaria

A obra está protagonizada polas actrices Mabel Rivera e Belén Constenla; presentes esta mañá no Concello de Santiago xunto coa propia concelleira de turismo, Marta Lois. Desde Raxoi apuntan que se trata dunha representación necesaria para dar a coñecer a “crúa historia” que hai detrás das Marías.

cartel-VOAXA_CARMIN-1Tanto Mabel Rivera como Belén Constenla amosaron a súa satisfacción de participar neste proxecto que retrata toda unha época. Por outra banda, a autora da peza, Esther F. Carredeguas, sinalou que ata agora faltaba unha historia que relatara o significado Maruxa e Coralia. Nunha liña similar tamén falou esta mañá Xavier Castiñeira, Director da obra, ao sinalar que o espectáculo quere amosar o que se esconde tras a historia das Marías.

A obra terá catro funcións, do mércores 8 ao sábado 11, todas ás 20:30 horas no Teatro Principal. O prezo das entradas é de 10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais).