Home Programas Espazo Aberto Folga indefinida no transporte de SOGAMA ante unhas “pésimas” condicións laborais

Folga indefinida no transporte de SOGAMA ante unhas “pésimas” condicións laborais

0
Folga indefinida no transporte de SOGAMA ante unhas “pésimas” condicións laborais

O persoal da empresa Transportes Pacholo, servizo de transporte de Residuos Sólidos Urbanos subcontratada por SOGAMA, atópase en folga indefinida desde este luns. Denuncian o despedimento de oito traballadores logo das protestas nas que reclamaban unha mellora das condicións laborais.

Entre as principais deficiencias que vinculan á empresa, na que comezaron a traballar no 2016, destacan as “pésimas” medidas de seguridade e que non lles outorguen a vestimenta adecuada para o desenvolvemento do seu traballo. Os traballadores e traballadoras aseguran que a folga se prolongará ata que a empresa sente a negociar.