Home Programas Área Compostela Conflito en Vedra tralo despedimento dunha traballadora do servizo de axuda no fogar

Conflito en Vedra tralo despedimento dunha traballadora do servizo de axuda no fogar

0
Conflito en Vedra tralo despedimento dunha traballadora do servizo de axuda no fogar

María José Gontad, auxiliar do servizo de axuda no fogar do concello de Vedra, denuncia ter sido despedida hai apenas unha semana. Asegura que non existe ningunha explicación ao respecto por parte da empresa Atendo Calidade que xestiona este servizo público desde setembro de 2017.

Gontad explica que desde que entrou Atendo houbo “críticas” por parte das traballadoras porque “esta empresa non cumpría co acordado co concello”. Logo das protestas, “houbo unha pequena mellora nas condicións laborais pero hai apenas unha semana despedíronme”.

Polo de agora, as traballadoras que levan a cabo este servizo non acordaron que tipo de resposta van dar aínda que si teñen claro que tomarán medidas ao respecto.