Home Programas Área Compostela Ferreiro chancea sobre o boneco no polémico debate: “Pódeme facer sombra durante a campaña”

Ferreiro chancea sobre o boneco no polémico debate: “Pódeme facer sombra durante a campaña”

0
Ferreiro chancea sobre o boneco no polémico debate: “Pódeme facer sombra durante a campaña”

O alcalde da Coruña e candidato de Marea Atlántica responde á polémica xerada sobre un debate organizado pola Asociación de Emprendedores e Empresarios de Galicia na que o supliron cun boneco coa súa cara pegada nun papel. “Califícase só”, di o alcalde que aproveitou a ocasión para chancear sobre ese acontecemento “estou preocupado porque o boneco pódeme facer sombra durante a campaña”. Preguntado novamente pola cuestión, Ferreiro engadiu que a súa ausencia no debate non foi unha falta de respecto xa que “tiven que priorizar a miña actividade” como alcalde. “Teño máis de cinco debates electorais axendados. Descoñezo se outro alcalde e candidato tivo tantos debates na axenda”, sostivo.

Ferreiro tamén explicou que, por parte da Marea Atlántica, enviaron ao concelleiro Alberto Lema en representación da formación que ao ver o boneco decidiu marchar. “Ter un monigote sentado na cadeira non son as mellores condicións para ter un debate serio. Eu non tería debatido así”. En canto ao inicio de campaña, Xulio Ferreiro vaticina uns días “de intensidade” xa que aspiran a percorrer todos os barrios.