Home Programas Espazo Aberto Comezan os avisos de retirada de niños da velutina

Comezan os avisos de retirada de niños da velutina

0
Comezan os avisos de retirada de niños da velutina

O mes de maio, cando nacen as vespas obreiras que desenvolven a colonia, trae os primeiros avisos de retirada de niños da vespa velutina. No servizo de Emerxencias Lalín están retirando “niños primarios, localizados en alpendres ou edificacións a pouca altura”. Piden, ademais, a colaboración cidadá. “Se coñecen o emprazamento de algún destes niños avisen ao 012. Neste número recollen o aviso e pásano o servizo responsable da retirada”, sosteñen. “Tamén é moi importante a colocación de trampas para a captura das raíñas que son as que fan os niños primarios e así evitar a súa proliferación”.

O trampeo nesta época primaveral resulta “un dos metodos de combate máis eficientes” nesta loita contra a vespa velutina, xa que evita a proliferación dos niños secundarios. “Estes niños secundarios son os que todos coñecemos, de gran tamaño e que se poden ver no segundo semestre do ano emprazados a gran altura, nas copas das árbores por exemplo”.