Home Programas Espazo Aberto Fernán Vello celebra o “éxito” da moción de censura contra Raxoi

Fernán Vello celebra o “éxito” da moción de censura contra Raxoi

0
Fernán Vello celebra o “éxito” da moción de censura contra Raxoi

O deputado de En Marea amosou hoxe a súa valoración logo do triunfo da moción de censura contra o goberno do PP e indicou que se sinten “orgullosos” por colaborar no “desaloxo do Partido Popular”.

Miguel Anxo Fernán Vello indicou que agora se abre “un horizonte limpo para a democracia” e agarda do novo goberno de Pedro Sánchez que se sitúen no “primeiro plano” as políticas sociais, políticas de cambio.