A Semana do Libro de Compostela, que deu comezo hoxe, homenaxea nesta nova edición á cidade lusa de Póvoa de Varzim. Con esta iniciativa, o Concello tenta salientar a “irmandade” entre as linguas galega e portuguesa, así como facer un “guiño” ao mundo lusófono.
Póvoa de Varzim, protagonista na SELIC deste ano
En consecuencia, a SELIC deste ano contará cunha xornada adicada integramente a Póvoa, o domingo 3 de xuño, cun amplo programa de actividades destinadas a dar a coñecer a cultura e tradición da localidade. Lucinda Delgado, unha das dirixentes do concello portugués, salienta que Galicia e Portugal están “sempre ligadas” a través do Camiño de Santiago.
Esta edición da SELIC despedirá a Póvoa de Varzim o domingo 10 ás 19.30 horas, cun paseo literario a través da cidade conducido por tres poetas portugueses. Mais iso acontecerá dentro dunha semana e, namentres, a cidadanía poderá gozar das actividades programadas na praza da Quintana.