A coordinadora de En Marea considera innecesaria a creación da “mesa para a confluencia” proposta por Compostela Aberta, cuxo obxectivo sería “fomentar o diálogo interno”.
Diálogo “cordial e construtivo” entre En Marea e Compostela Aberta
Dende a dirección aseguran que as conversas co espazo que lidera Martiño Noriega foron dun xeito “cordial e construtivo”, segundo apunta Gonzalo Rodríguez, coordinador. Polo tanto, existen “puntos a favor e en contra” desta iniciativa, mais rexéitase a opción de crear este órgano “paralelo ao Plenario e o Consello das Mareas”.
Banco de ideas
Por outra banda, En Marea impulsará un “banco de ideas” de cara ás eleccións municipais, co gallo de atopar novos e “ilusionantes” proxectos para a cidadanía en materias como a cultura ou o urbanismo.
No tocante aos comicios de 2019, a vontade da coordinadora de En Marea é “escoitar” aos concellos de Compostela, Ferrol e A Coruña e tentar un adianto da renovación da dirección do espazo, para que non coincida este proceso coas eleccións.